Hai que votar
X.X. - viernes, 12 de marzo de 2004
Teño amigos que se gaban de non ter votado nunca, por entender que o sistema é tan imperfecto que non vale a pena participar.
Outros hai que votan en branco, como castigo a todo o abano político.
Tamén coñezo (e afortunadamente son maioría), xente totalmente convencida de que o feito de votar é o único que confire autoridade moral para logo enxuiciar o traballo dos elixidos.
O do 14 M é diferente a todo o anterior. E aínda que a un non lle goste un sistema imperfecto, ¡hai que votar!.
Aínda que só sexa porque moitos aínda lembramos o tempo en que non facía falla votar; non se nos deixaba votar máis que en plebiscitos ou para elixir concelleiros polo tercio familiar.
Hai que votar para que o goberno que salla destas eleccións teña a forza abonda para levar firme o timón no rumbo que os tempos esixan.
Despois do 11M, nada vai se-lo mesmo. Despois deste gran día para a Historia da infamia, como Aznar o definiu, o goberno resultante (Moito terán que ver no seu color, sexa cal fose, os feitos deste día infausto), ten diante un difícil camiño que deberá recorrer cos respaldos precisos.
Porque o 14M precisamos obter un goberno forte, ¡hai que votar!. Ninguén pode botarse atrás. Esta vez, non. ¡Hai que mollarse e votar!

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora