Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos xordos

jueves, 20 de mayo de 2010
Que os sentidos dos seres humanos non se fixeron para as urbes, está moi claro. Pero as urbes son productos da evolución, creación dos seres humanos. Co que podería demostrarse que os seres humanos non traballan a prol deles mesmos, fomentando situacións que lles son adversas.

Polo que ó oído respecta, é ben sabido que as agresións sonoras que unha cidade comporta repercuten de xeito moi directo na sensibilidade auditiva das persoas que nela viven, restándolles capacidade auditiva que pode chegar a danos irreversibles.

Afirman os especialistas que para os nosos oídos compre que respectemos a regla dos 60-60-60, que significa non someter ós nosos aparatos auditivos a máis de sesenta decibelios durante sesenta minutos, aplicando a continuación sesenta minutos de descanso.

Considérase que a normalidade de sonido dunha cidade non debe superar habitualmente os 55 decibelios, pero as nosas rúas adoitan ofrecernos niveis de 80 ou máis.
Hai anos, preocupaba seriamente o sonido das discotecas entendendo que esa agresión auditiva provocaría nos máis novos unha reducción da capacidade auditiva, perda de sensibilidade, e danos irreversibles para o futuro.

Sen conxurar aínda ese problema, que segue plenamente vixente, temos á vista -ó oído- un aínda máis grave, nos aparatos de audición de música cada vez máis utilizados por novos e non tan novos.

O seu volume supera doadamente os cen decibelios, e os especialistas están xa detectando problemas en rapaces que o utilizan a cotío, podendo causar graves problemas de xordeira, observándose estes problemas en menores de trinta anos cando estes casos hai anos só se apreciaban en maiores de sesenta.

Nun estudio feito pola Fundación Colexio Médico de Pontevedra, estímase que son 50.000 os galegos con problemas de perda de audición, con afectados a partir dos quince anos, precisamente polo escaso cuidado na utilización directamente nos oídos de aparatos de reproducción musical.

Por agora parece unha cifra baixa, pero mellor será ir poñendo medios para evitar que o problema medre e de xeito directo ou indirecto nos vaia afectando a todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES