Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus, consorcio, adeus

miércoles, 19 de mayo de 2010
O Consorcio do Benestar, dependente do poder autónomo de Galicia, vai desaparecer. Naceu en pleno goberno do bipartito, como nacen todos os organismos, con intención de perdurar ata que se cumprira a totalidade dos seus fines; con afán de durar séculos.

Foi unha aposta persoal do entón vicepresidente, Anxo Quintana, que como todos os gobernantes en exercizo coidan que o seu mandato vai durar moitos anos, e as accións que emprenda quedarán marcadas nos anales da autonomía.

Pasou como en tantas ocasións que as obras non duran moito máis que o período de goberno do seu autor, e o Consorcio do Benestar vai pasar a mellor vida porque o goberno actual da Xunta coida que o modelo non é válido, e vaino substituir por unha Axencia pública que goberne os servizos sociais de Galicia. Esta axencia atenderá as escolas infantiles, os centros da terceira idade, e os temas da igualdade e da dependencia.

En principio, pode pensarse que é só un cambio de nome, pero tamén de filosofía que aquí os concellos han ter modo que dicir e a Fegamp formará parte do seu consello rector, pero no aire quedan todos os traballadores deste Consorcio, ós que Quintana pretendeu deixar situados por medio dun procedemento selectivo que foi anulado, e aínda terán que ser obxecto dunha futura oposición.

Ninguén agarde, non obstante, sangue administrativo de por medio que a Administración é sabia e sabe asumir e asimilar actividades e persoas, de xeito que un cambio drástico non ten porque producir cesantías do estilo daquelas traxedias persoais decimonónicas, senón que a solución de aumentar o censo e fagocitar entes e xentes aínda segue sendo posible.

Adeus, Consorcio. Benvida, Axencia. Agardemos novidades, se as hai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES