Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suspéndese a vida

jueves, 11 de marzo de 2004
Diante do acontecido en Madrid na mañán do 11 de marzo, todo o demáis queda en suspenso.
Poden seguir funcionando os servicios públicos, abrir os comercios, producir as fábricas, circular os automóbiles...
Poden camiñar os peatóns, manifestarse os funcionarios, sorrir amablemente os dependientes, servirse aperitivos, suavizarse a linguaxe dos políticos...
Pero estamos rachados por dentro.
Todos asumimos que a morte chega no momento máis impensado, pero temos moi en conta a petición que facían os nosos devanceiros de “unha boa morte”.
A mala morte chegou a mañán do 11 de marzo a Madrid, por man dos peores criminais.
Os Partidos políticos suspenden a campaña electoral, diante da masacre madrileña.
Antes que eles a sociedade xa tomara a mesma decisión: Ata nova orde, suspéndese a vida.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES