Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novoneyra na Terra Chá

miércoles, 12 de mayo de 2010
Novoneyra na Terra Ch Emocionoume que os alumnos do Colexio de Parga fosen recoñecidos coma os que mellor captaron as esencias de Novoneyra no Concurso Letras Galegas, de Política Lingüística, para primaria. Porque Uxío sentía a paixón telúrica, propia da Terra Chá, como a viven as nenas/os de Parga. Era un camiñante singular, tamén por estes eidos. Algunhas destas viaxes tiveron nel un valor sentimental. Imos glosar, as que consideramos, primeiras andaduras por estes lares, e as derradeiras. Unhas inspiradas por un dos escritores preferidos, o Noriega das terras de Abadín, outras nun dos poemas que o engaiolaban, “Monumento á ausencia” de Díaz Castro, a cotío acompañado polo “irmán”, coma o consideraba Manuel María. Á parte, das ensoñacións literarias, enxergadas con el, coma estudantes en Lugo, un dos primeiros contactos físicos de Uxío coa Chaira, foron os días de servizo militar no Campamento de Parga, onde cadraron os dous poetas. Rachaban aquela rutina, con vagas de poesía, nos espesos penedos do Castelo. Os ventos sonoros illábanos, por un tempo, daquel cerco tan ríxido, ficando na emoción da paisaxe. Coas súas voces altas e fortes, disfrutaban recitando a Noriega. Xa, no 1955, despois de recibir no “Día da Patria”, o 1º exemplar de Os eidos, en Compostela, acompañados de Carlos Maside, os dous bardos enfían rumbo “a cunca” mindoniense, para embeberse dos seus recendos, co entusiasmo de Cunqueiro. Fixeron parada en Vilalba, coma adoitaba cumprir o trobeiro de Merlín, ás veces pernoctando no Hotel Chao: “… rodeando pola Cruña…/ e Vilalba con Manuel/ O Cuadramón!/ Mar ó Norte/ por camiño de Oviedo, para ver a Älvaro mesmo en Mondoñedo”. Pero, son As Pontes, que comparten coa Chaira este alento, as máis ligadas á traxectoria de Novoneyra, berce da dona, Elba, e celme dos recitais cos que agasallou esa comarca irmá. Así, o testemuña a praza dedicada á súa memoria. Unha das derradeiras camiñadas, foi en resposta á convocatoria afectuosa de Xermolos, para festexar un dos seus líricos, Díaz Castro, primeiro na celebración que lle tributaron, o 17 de abril de 1990, onde o poeta do Courel, foi o elixido para recitar “Nimbos”, arroupado por unha pléiade de escritores, e despois, na derradeira viaxe, ata o Cemiterio de Guitiriz, o día do seu enterro, mesmo levando o seu cadaleito.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES