Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diego Carcedo en Foz

miércoles, 12 de mayo de 2010
O pasado venres, patrocinada por Caixa Galicia, os focegos tivemos a oportunidade de escoitar a conferencia “La crisis que se vio venir dentro de la euforia económica” que pronunciou o xornalista e escritor Diego Carcedo, tan coñecido pola súa dilatada vida profesional en diversos medios de comunicación, sinaladamente en TVE. Comezou a charla aludindo a cómo as crises económicas son cíclicas e que, aínda que por causas distintas, cada tempo rexístrase na sociedade mundial unha recesión, de maior ou menor intensidade e duración -a actual é das mais graves- e fixo un repaso das últimas, dende a holandesa dos tulipáns (s. XVII) e a americana do 1929 ata a actualidade, considerando as diferencias entre unhas e outras. O conferenciante, de forma amena e clarividente, descifrou as causas que levaron á situación actual, que se vía vir e da que os lideres da economía eran conscentes, pero ¿quén lle poñía o cascabel ó gato?. O xornalista foi moi crítico con dous aspectos dos políticos españois: por unha parte un goberno que se empecinou en non recoñecer a existencia da crise, ignorandoa. e anunciando o fin da mesma (fixo unha alusión xocosa á aparición de “brotes verdes”) sen ter en conta que o engano é sempre negativo, en canto que cando menos produce serias dúbidas e falta de credibilidade nos que dirixen o timón do país, e por outra o relator non entende cómo goberno e oposición, ante feito tan transcendente, son incapaces de aparcar as loitas partidistas e sectarias e non son quén de analizala conxuntamente e chegar ós consensos precisos para ver de superala. Sí o fan noutros países nos que, sen ser menos enconada a loita entre partidos, aúnan esforzos e acadan acordos para a solución dunha situación ante a que se mostrou pouco optimista e cuio vaticinio o levou a botar man da sabencia popular: ”nunca choveo que non escampara”. Non asimilamos a lección da historia, dixo, e unha vez superada ésta, recuncaremos. Diego Carcedo diu unha lección de obxetividade e claridade dende unha dialéctica moderada e respetuosa á que os nosos políticos -de tódolos niveis e cores- non acostuman.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES