Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As vacas tolas, xa non nos traen tolos

miércoles, 10 de marzo de 2004
Vaia se se armou revuelo co temas das vacas tolas. A noticiadeu a volta ó mundo; e “deulle a volta” (volveuno do revés) ó noso mundo.

Os gandeiros tiñan problemas para vende-las súas reses; os carniceiros vendían moita menos carne; os restaurantes sofrían drásticos recortes na demanda de carne do país, aínda sabendo que as nosas vacas estaban bastante menos tolas que as que viñan de fóra.

E tal como veu, o problema foise. O problema psicolóxico. O tema deixou de estar de actualidade, desapareceu dos noticiarios e das primeiras páximas dos xornais, e todos entendimos que “o das vacas tolas” desaparecera ou polo menos remitira.

Agora enterámonos que no 2003 houbo un total de 62 casos de vacas tolas en Galicia, o que as autoridades consideran lóxico se se ten en conta que a prohibición de piensos de orixe animal entrou en vigor no 2001, e que se trata dunha enfermnidade de longo tempo de incubación.

No momento forte da enfermidade, tal número de casos houbese orixinado un terremoto político e mediático. Agora mesmo, xa non é noticia.

¿Somos tan lixeiros de memoria ou é que temos un mecanismo mental de defensa contra as campañas mediáticas?

As vacas tolas, durante un tempo, trouxéronnos tolos. Agora, toleamos por outras cousas. A saber a beneficio de quen.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES