Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellor en castelán

jueves, 13 de mayo de 2010
Que Galicia é bilingüe, case ninguén o nega. Que os rapaces entenden os dous idiomas e -en caso de necesidade- os falán, o mesmo.

Pero hai unha dualidade permanente, e os dous idiomas asoman alternativamente segundo se trate de cidade ou aldea, de xeito que nas cidades o que observe ós alumnos poderá comprobar que na súa inmensa maioría se expresan en castelán, e pola contra no medio rural a maioría exprésase en galego.

Longos anos e intensa loita, con amplos investimentos, e pouco se ten avanzado nesta cuestión de parcelación xeográfica do idioma, relegándose o galego para ser o dominante no rural, quedando o castelán como medio de expresión maioritaria nas cidades.

A Universidade de Santiago ven de facer un estudio sobre os coñecementos e expresión dos alumnos galegos, cunha mostra de 1.153 alumnos de cuarto de secundaria, resultando que os alumnos demostraron ter mellor competencia para a expresión en castelán ca en galego, tanto en expresión escrita coma oral.

Un dos obxectivos que figuran no Pacto pola Educación presentado ó sector polo Ministro de Educación, Angel Gabilondo, é que os alumnos que rematen a educación secundaria obrigatoria comprendan e se expresen correctamente, tanto de palabra como por escrito, na lingua castelán, e -no caso de tela- na lingua cooficial na comunidade autónoma.

En Galicia, pois, como mínimo, hai que nivelar a situación e conseguir que os rapaces teñan igual dominio do galego ca do castelán, non sendo de recibo que a estas alturas de século, despois de tanto tempo e de tanta loita, siga gañando o castelán como lingua a dominar e na que expresarse. Se temos dous idiomas, que se note. E que o galego non quede atrás.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania