Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Posicionándose

martes, 11 de mayo de 2010
Neste permanente frenesí electoral que vivimos, toca agora posicionarse para as eleccións municipais que se celebrarán dentro dun ano. Os partidos políticos preparan as súas estratexias, e os posibles candidatos desplegan todas as súas artes para colocarse en posto de saída e, se é posible, nos primeiros postos.

Esto afecta tanto ós que agora están en activo como ós que quedaron descolocados en anteriores comicios, e mesmo os que pretenden introducirse neste especial mundo da política do que se pode saír escaldado pero, no caso de triunfar, o resultado compensa de tódolos sinsabores.

Quen está pretendendo facer méritos diante non se sabe quen é o actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, que converte en vital o futuro de Caixanova e descolgándose da liña marcada polo Secretario Xeral do seu partido en Galicia ten convocado para hoxe un Pleno no que pretende que se vote que Gayoso sexa presidente da futura Caixa, Pego - Director Xeral de Caixanova- o futuro Director Xeral, que Caixanova teña a maioría no comité de dirección e no Consello de Administración, que a sede da nova caixa sexa Vigo e que se paralice a a Lei galega das caixas durante cinco anos.

O canto ó sol non se dirixe ó seu Partido, que xa ten marcada a liña de conducta, nin ós seus compañeiros de goberno -Bng- que aplican racionalmente a doctrina de igualdade, polo que só cabe pensar que coida que os vigueses comprenden esta postura e a apoian. Ou, o que é o mesmo, que cando se plantexe a batalla pola alcaldía viguesa conta ter apoio dos habitantes da capital da Galicia sur para seguir no cargo.

Está ben que os políticos traballen como candidatos cando o tempo o esixe, procurando -eso sí- que ese papel de candidato non escureza nin afecte ó seu papel de representante dun pobo. E se ben todo político está permanentemente en campaña, o seu traballo debe sempre ter como primeiro fin o engrandecemento da institución que preside e o progreso da cidade que representa.

O papel de Abel Caballero en Vigo pode tender ó engrandecemento da institución municipal que preside e tender ó progreso da cidade que representa. Pero visto desde fóra desa institución mais ben cae no esperpento, e reduce a súa estatura como político perxudicando ó concello e a Vigo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania