Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, cinzas

lunes, 10 de mayo de 2010
En diversas ocasións témonos pronunciado, co natural asombro, sobre a pequenez dos humanos diante das forzas da natureza, e o inermes que resultamos estar diante fenómenos que nos parecían superados, ou que mesmo ignorábamos que podían existir.

A nosa pequenez e falta de recursos evidénciase diante das condicións climatolóxicas adversas, fenómenos naturais desmesurados e -agora mesmo- as cinzas volcánicas procedentes dun lonxano país do norte de Europa.

Hai anos queixabanse nos paises nórdicos de que os ventos lles levaban os residuos tóxicos que verquía á atmosfera a central térmica das Pontes a través da macrochimenea que leva ó ceo o que a instalación industrial non da aproveitado.

Agora chéganos dun norte máis occidental, de Islandia, a consecuencia dunha erupción volcánica a xeito de cinzas que voando ata a sete mil metros de altura poden causar gravísimos danos ós avións, polo que a navegación aérea queda suprimida en toda a súa área de influencia.

Non tiñamos idea destas consecuencias dunha erupción volcánica, quizais porque os volcáns que temos máis preto de nós descansan desde hai moitos anos, pero o certo é que un fenómeno do máis natural, que agora se repite, pode causar millóns de euros de perdas ó día, e colapso para o desprazamento das xentes precisamente nun tempo no que chegamos a considerar a Europa case como cidade única, e o mundo enteiro como lugar abarcable na nosa actividade cotiá.

Hai debate entre as autoridades que gobernan o tráfico aéreo, partidarias de suspender toda actividade diante da existencia destas cinzas corrosivas e as propias lineas aéreas que pretenden ter comprobado a inocuidade destas, pero o certo é que Galicia sufríu as consecuencias deste problema -novo para nós- colapsando a actividade aeroportuaria e orixinando importantes perdas.

Agora, son cinzas. Un problema máis. Como se non tiveramos abondo. E neste caso, un cravo non quita outro. As cinzas veñen por riba de todo o demais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES