Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres de Mérito: Galicia en Feminino

martes, 09 de marzo de 2004
Vimos de celebrar o Día da muller traballadora. Por certo que antes era o día de San Xoan de Deus, patrón dos bombeiros, pero agora o Santo quedou relegado pola afortunada primacía do feminino.

Con motivo deste día entregáronse premios en Santiago e Lugo, que -xuntos- dan o título deste artigo.

En 'Galicia en Feminino', que otorga a Xunta de Galicia, as premiadas foron Marisa Real, Ana Míguez, Ana Pastor, Carmen Colmeiro e Kina Fernández, destacadas en campos coma o xornalismo, a sanidade, o voluntariado, as Ong ou a empresa.

En 'Mulleres de mérito', entregado en Lugo, os premios foron para Fernanda Arrojo, Marisol Bravo e Hilda Rodríguez, tres bravas mulleres que superan con forza, ilusión e traballo calquera tipo de minusvalía física; e para Conchita Teijeiro que patroneando desde hai ben anos a Asociación de Pais de nenos e adolescentes subnormais desenvolve un labor diante do que forzosamente hai que descubrirse.

Quedan 364 días por diante antes do próximo día da muller traballadora. Quedan millóns de mulleres por premiar. Porque, por sorte, non pode entenderse este noso país senón é como 'Galicia en feminino', e nela como mínimo hai un millón de 'mulleres de mérito'.

Diante das premiadas, e diante de tódalas demáis, un non pode por menos que declararse feminista vencido e convencido.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES