Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A auga e a Terra Chá

jueves, 06 de mayo de 2010
Nestes tempos, quen non se apunta á industria, apúntase ó comercio e ó turismo como xeito de vender in situ os productos do país, fomentando de paso o coñecemento do que é noso en todos os ámbitos posibles.

Non é que na Terra Chá renunciemos á industria, que as hai e meritorias, pero non somos -como non é a provincia de Lugo, e mesmo Galicia- una zona esencialmente industrial. Así, a Terra Chá, e polo tanto a súa capital, Vilalba, conta co turismo, agardando que o turismo conte coa comarca.

Ós efectos que nos ocupa, a comarca está composta por nove concellos, e un grupo de desenvolvemento rural comprende como "Terra Chá" a Abadín, Muras, Xermade, Guitiriz, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e Pastoriza. Esquecémonos, do antigo esquema chairego, onde tamén se consideraba chairegos Rábade e Outeiro de Rei, Meira, Pol e Friol.

Alomenos xa somos nove que, se nos atemos á Mancomunidade da Terra Chá está só restrinxida a Abadín, Cospeito, Outeiro de Rei e Pastoriza.

Pois os nove concellos queren ser alguén no mundo turístico e están a traballar nun Plan que valla para un traballo conxunto de atracción de visitantes cunha mensaxe común que se sabe pode basearse na auga como elemento de identificación.

Un consultor turístico mencionaba que a comarca non ten unha imaxe definida, se ben pode ser a auga a que lla proporcione, que temos líquido elemento nas súas máis diversas manifestacións como para facer honra a un símbolo.

Vivimos na primeira comarca pola que pasa o gran río dos galegos, e -como dicía Aquilino- nos seus primeiros tramos vai recollendo a ledicia dos ríos novos, por Castro de Rei, por Cospeito, por Outeiro de Rei. Do Miño son fermosos alicientes o Pedregal de Irimia, o seu primeiro nacemento, en Meira, e o segundo nacemento, en Fonmiñá, para que non protesten os pastoricenses, que dous nacementos podemos recoñecerlle ó gran río dos galegos.

Coa sua carga de misterio profundo están a Lagoa de Cospeito, a maior; a de Caque, en Castro, as do Ollo en Begonte. As augas mineromedicinais reinan en Guitiriz, onde hai dous balnearios e un gran hotel, en Parga, e naturalmente en Codesido cun gran hotel-spa.

A auga segue sendo a raiña da Chaira no seu segundo río que en Vilalba conforma praia fluvial e longo recorrido pola súa beira, e logo conformará fermosos recantos deportivo-fluviais en Baamonde e Begonte. E o mesmo Miño en Rábade pouco antes de xuntarse os dous ríos.

Certamente un plan turístico para a Terra Chá pode e debe ter na auga elemento decisivo de promoción. Non o único, que os productos a vender ou expoñer son infinitos: os itinerarios turísticos, os monumentos, a gastronomía, os produtos artesanos... todos conforman un todo que, ben presentado e difundido, poden representar centos de postos de traballo e progreso para a comarca.

Empecemos pola auga, santo e seña da Terra Chá, do que nos gustaría fose un emporio de industrias limpias. Pois posiblemente sexa este o camiño, o do turismo, do comercio e da artesanía, que desemboque en ducias de pequenas industrias que fixen poboación e creen riqueza.

Empecemos pola auga. E con ela, todo o demais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES