Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compañeiro Ramón

martes, 04 de mayo de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: COMPAÑEIRO RAMÓN
In Memoriam

Foise o amigo Ramón Lapido, foise para non volver, compañeiro de singraduras dos remolcadores de Vilagarcía. Agora escríboche aquí o adeus que non puiden dicirte antes de que te foras. Xa non escoitarei aquelas anécdotas polos mares do mundo. A “Parca” non quixo respectar a túa última anécdota que me ías a contar, algo me dixeches sobre Kenia pero non puido ser.

Compañeiro Ramón, hoxe cando vexo os vídeos que sacamos nos barcos, penso que son fermosos retallos duns días que non volveran, pero sempre navegaran co lento navío das semanas, meses e anos coas ondas das lembranzas.

Nese mesmo día que ti emprendiches a última singradura, tiven que saír para o mar, poñendo a punto as máquinas que ti de cotío facías, pero podo dicir que o ruxido deses motores non eran os mesmos de sempre, tiñan un son distinto, diferente, era como uns queixumes, berros e choros.

Na túa fermosa aldea de Duei (Rois) onde naciches, murcháronse as flores e choraron os sorrisos. Aquí en Arousa, o día que finaches a brisa fresca do noso vento mareiro levouse o derradeiro suspiro, pero deixaches unha semente de lembranzas e de futuro.

Agora toca a todos que convivimos contigo nos navíos dicirche adeus. A min, imaxinarme que emprendiches unha nova singradura, esta vez sen retorno, e lembrar con nostalxia tódolos anos que xuntos compartimos.

Ata sempre Ramón, que a terra che sexa leve.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES