Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha perspectiva

martes, 04 de mayo de 2010
Non teño o gusto de coñecer e ningún dos dous, razón pola cal ninguén me pode acusar de estar fretando (e dicir, dándolles fretas) con xabón a dous amigos, cousa que tampouco me importaría facer de ser certa esa circunstancia. Pero, como non o é, así o especifico en descargo do que vostede, querido lector, poida interpretar a partir de aquí.

Na vila do Carballiño andan a acontecer estes días unha serie de sucedidos políticos certamente insólitos no positivo, que ó meu ver deberían ser rexistrados nos primeiros capítulos dese manual do concelleiro que aínda está por escribir e que, unha vez escrito e publicado en edición non venal, deberían ler coma un breviario todos aqueles que nalgún momento da súa vida decidan dar o paso á vida municipal e incluso aqueloutros que situados xa nun chanzo orgánico superior, teñan algunha responsabilidade organizativa nos departamentos que marcan as estratexias da política local.

Digo isto despois de ver cómo o que debería ter sido normal en tódolos concellos galegos nos que o PSdeG e o BNG sumaron máis concelleiros có PPdeG hai agora ano e medio, é dicir, aquilo que debería ter sido consecuencia dun proceso negociado de decantación dos programas electorais que ámbolos dous presentaban en cada municipio para poder conseguir finalmente un grupo de goberno formado por dous partidos pero único na súa acción; ten acenos de excepción e pegadas de contra paso no medio dun campo minado suxeito a puntuais, pero repetidas, explosións noutros concellos que, polo poder, fixeron do voto de obediencia debida unha bandeira que non concordaba coa realidade municipal e moito menos coas afinidades persoais dos seus protagonistas.

Vaian, pois, dende aquí os meus máis sinceros parabéns para os concelleiros -e concelleiras- do PSdeG e do BNG do Carballiño por ter sabido agardar o momento e, sobre todo, por ter analizado a política municipal dende unha “perspectiva caballera” que hoxe pasa por ser un ben moi escaso na vida política municipal.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES