Brotes verdes
Editorial - miércoles, 07 de abril de 2010
Andan empeñados algúns políticos en observar brotes verdes, agora que estamos en primavera, dentro do oscuro panorama económico que nos envolve. Brotes verdes que serían a indubidable promesa de convertirse en tallos frescos e vizosos no próximo verán, marcando unha recuperación na que todos soñamos pero poucos confiamos.
É tan só un dato pero parece que un deses brotes verdes se está a dar en Galicia onde a recaudación fiscal subiu no primeiro trimestre do presente ano un cinco por cento, despois de dous anos en números bermellos.
A escala estatal, os ingresos fiscais no primeiro trimestre do presente ano subiron un 0,8%, rexistrándose cifras tan dispares nas autonomías como un aumento do 25,2% en Cantabria ou un descenso do 34,4% no País Vasco, pero cinguíndonos ó que máis directamente nos afecta, en Galicia aumentou en cada un dos tres primeiros meses para totalizar o 5,1% de aumento a trinta e un de marzo.
Ademáis de Galicia, rexistraron aumento de recadación a xa indicada Cantabria, Murcia, Castilla-La Mancha, Valencia, Canarias, Castilla-Leon, Aragón e Madrid.
É o primeiro signo positivo que se observa na evolución económica de Galicia, despois de dous anos críticos, e quizais o magnificamos en relación coa súa verdadeira importancia real. Pero é que precisamos tanto que mellore a situación económica que calquera melloría que se produza temos que acollela coa natural expectación e ledicia.
Agardemos que todo o que veña a continuación confirme a melloría que todos estamos agardando. Que necesitamos todos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora