Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A autoridade dos profesores

martes, 06 de abril de 2010
Non hai tanto tempo que o profesor, polo feito de selo, era a máxima autoridade educativa dentro da aula e fóra dela. Dentro da aula, en relación cos alumnos, que tiñan nel -ou nela- a referencia imprescindible de ensinanza e de conducta. Fóra dela, porque o seu papel non remataba no interior da aula ou do colexio, e -especialmente no rural- a figura do mestre ou mestra era unha das máis relevantes da comunidade, por formación, comportamento e traxectoria.

Pero a nosa sociedade foi devaluando papeis, desnivelando roles, e baixo a falsa apariencia de democratización, trastocando as relacións de xeito que alumnos e profesores teñen na actualidade convivencias moitas veces difíciles na que o profesorado non leva sempre a mellor parte.

En varias comunidades estase traballando na redacción dunha norma que convirta a figura do profesor en autoridade pública, e en Galicia o Conselleiro de Educación ven de confirmar que se está elaborando unha norma que dignifique o labor do docente, para reforzar a súa autoridade.

Se os docentes perderon autoridade diante dos alumnos, débese a dúas causas fundamentais, que non se solucionarán cunha norma aínda que esta axude a mellorar a situación. Dunha parte, a devaluación xeral da autoridade frente ós rapaces sufrida polo profesorado a medida que na sociedade fixo crise a autoridade en xeral, e doutra a falta de apoio no seo da familia ó desenvolvemento xeral do proceso educativo dos rapaces.

Seguro que o efecto desa nova norma vai ser beneficioso para reforzar a autoridade dos profesores, pero nada se terá solucionado se os pais de familia non participan no proceso educativo dos seus fillos, falando cos profesores, comprendendo o seu labor, respaldando os seus criterios; facéndose co-responsables dunha educación da que nunca deberon absterse. Mentras os pais non se involucren na educación dos fillos, entendendo que é a súa principal tarefa, nada poderá facer o profesor cos rapaces que chegan á clase sabendo que a autoridade non existe. Se os pais non teñen -e exercen- autoridade, os mestres nunca a terán tampouco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES