Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Velas ó Apóstolo

miércoles, 05 de mayo de 2010
Neste Xacobeo 2010, son centos de peregrinos os que a diario chegan a Compostela para rezar diante do Apóstolo, cumprido o longo Camiño desde os lugares máis remotos. E moitos acenderán unha vela como homenaxe ó Santo, como testemuña física do remate do seu camiñar.

O peregrino ven de facer un Camiño físico, que tradicionalmente sempre se fixo a pé e agora tamén se contempla poder facer a cabalo ou en bicicleta.

Moitos peregrinos farán o Camiño na Rede, e esta plataforma www.galiciadigital.com ten o portal www.caminosasantiago.es , para poder seguir algunha das súas rutas. Como outros moito poderán acender as velas de xeito dixital, a través da Rede, para facer a distancia a súa ofrenda de lume ó Apóstolo.

Vense de presentar en Santiago un proxecto de velas dixitais, que será implantado tamén noutros importantes centros de peregrinación de toda España, polo que desde calquera punto da xeografía española, a través de Sms, se poderá acender unha cadea diante do sepulcro do Apóstolo, a estatua ecuestre de Santiago e na Capela do Pilar. No resto do mundo poderase facer a través de Internet, de xeito que por 1,39€, unha lámpara estará acesa na Catedral compostelana entre 11 e 31 minutos, dependendo da demanda dos fieis.

O procedemento producirá ingresos que repercutirán por terceiras partes nas compañías operadoras de telefonía, na empresa impulsora da idea e na Catedral compostelana.

Vantaxe deste sistema é o total automatismo e a carencia do risco que supón encender lume na Catedral, xa que as velas acéndense nunha pantalla dixital cun total de setenta e cinco velas individualizadas que se irán iluminando a medida que os devotos de todo o mundo vaian dándolles vida a través da Rede.

Do mesmo xeito que as peregrinacións en automóvil ou a través da Rede non contan como as que supoñen esforzo físico, tampouco a vela electrónica vai producir en quen a encenda o mesmo resultado físico que o que se sitúa no corazón de Compostela. Pero é unha posibilidade de render culto ó Apóstolo, gracias ás novas tecnoloxías, desde calquera lugar do mundo. E eso xa é moito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES