Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os idiomas nas Cámaras

martes, 04 de mayo de 2010
A introducción do galego en ámbitos antes descoñecidos foi paulatina conquista do idioma, gañando postos nunha sociedade na que nunca estivo prohibido oficialmente pero si relegado realmente.

O idioma galego foi gañando a pulso presencia e prestixio, e nos anos sesenta e setenta conseguiu ser idioma combativo, identificador das xentes da cultura, da universidade, da mocidade, pasando de segundo idioma desprestixiado a ser recoñecido como xeito de expresión por parte do máis vivo do país.

Parece agora chegado o momento de que o galego consiga outro posto de dignidade, xunto co resto das linguas do Estado, dentro do Senado que é a Cámara de representación territorial do Estado español, conseguindo unha victoria máis simbólica que práctica, victoria na que comparte glorias co vasco, catalán e valenciano, que se sitúan así en igualdade de condicións que o idioma castelán, ate agora o único.

Se eso fomenta que os políticos aprendan idiomas, para utilizalos en público ou na intimidade, benvida sexa a medida que iguala expresións tan nobles e dignas como a que ata agora tivo a exclusiva. Só aparece como contraproducente económico a posibilidade de que esta medida coste entre 120.000 e 1.224.000€ ó ano, segundo quen faga os cálculos, e o impacto visual e sicolóxico que vai supoñer o uso dos auriculares por parte dos senadores para seguir as intervencións dos compañeiros con lingua autóctona.

Unha boa medida sería que todas as intervencións escritas dos senadores se fixesen nas dúas linguas -castelá e autonómica- para facilitar o traballo. Pero pouco aforro vai supoñer na actividade diaria dunha Cámara plurilingüe.

Que os idiomas españoles entren na Cámara Alta, está moi ben. Que sexan motivo de discordia, xa non tanto. E se pode ser que non supoña aumento de custo, mellor que mellor. Que seguro o Senado ten medios para afrontar esta nova situación sen “meterse en gasto”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES