Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recortes político-administrativos

lunes, 03 de mayo de 2010
En tempos críticos impóñense solucións drásticas. E os cidadáns renuncian a gastos que consideran superfluos, aforran máis diñero restrinxindo aventuras ou investimentos, co que non fan máis que agudizar a crise que a fin de contas é de confianza e toda restricción nas actividades normais repercute no panorama xeral da actividade económica.

Pero son as administracións as que teñen que marcar as pautas a seguir, fomentando os comportamentos que correspondan para que se vaia normalizando unha situación que se antes nos permitiu vivir moi por riba das nosas posibilidades agora provoca restriccións que tampouco se axustan á situación real.

En canto á necesaria contención do gasto, as administracións tratan de dar exemplo para conseguir un clima sicolóxico no que os administrados colaboren vendo que as autoridades dan exemplo no sentido que se considera conveniente. E agora a doctrina imperante é o aforro, recortando gastos en todo o que non se considera vital para a actividade económica e social.

O Goberno central preparaba un recorte de altos cargos que, aprobado no último Consello de ministros, non parece gran cousa e aínda que se recorta de forma ostensible unha administración exuberante, o resultado en millóns de euros –aínda sendo a mesma Administración quen o calcula- non parece como para telo en conta, non chegando ós vinte millóns ó ano.

Tamén a Xunta vai suprimir preto de medio cento de organismos, cun aforro calculado de dez millóns de euros ó ano, desaparecendo Fundacións, Servicios autónomos, Axencias ou Sociedades anónimas, ás que se lles chama Administración paralela, que en tempos se consideraron instrumentos axeitados para descentralizar actividades e axilizar procedementos por medio de entidades non suxeitas ás ríxidas normas da administración oficial.

Ben está que as administracións recorten órganos, que esto viña ser unha imparable carreira sen final na creación e sostemento de oficinas que respondesen ó insaciable afán controlador oficial de todas as actividades humanas. Pero hai que ter en conta que o persoal de organismos suprimidos hai que recolocalo en calquera outro lugar aínda que sexa con nivel inferior, e que as funcións ou servizos prestados hai que seguilos ofrecendo a menor nivel ou dentro de calquera outro órgano.

Recortar está ben. Sempre que nos digan onde van os “recortes”, que se siga a prestar similares servizos, e que haxa unha decidida vontade de aforrar mediante a simplificación, a racionalización e o control administrativo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES