Fenosa: o que contamina paga
X.X. - lunes, 08 de marzo de 2004
A recente sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, ven confirmar a máxima que todos subscribimos de que o que contamina, paga.
Parece ser que a Xunta de Galicia ten un regulamento ben estricto, que resulta modélico en España, en relación coa contaminación, e non se libran de pagar as empresas que lanzan ó aire máis de 1000 toneladas anuais un millón de kilos, para quen poida parecerlle pouco- de gases contaminantes.
Importantes xeradoras de emprego pero tamén importantes contaminadoras son Endesa, Repsol, Alúmina-aluminio, Ence e Fenosa. E importantes contribuidoras tamén, agora confirmado polo Tribunal Superior de Xusticia, ás arcas colectivas dos galegos.
A sentencia confirmadora da obriga do pago refírese a Fenosa e ó ano 2001, pola emisión de gases con dióxido de xofre e nitróxeno expelidos polas industrias de Meirama e Sabón.
É de agardar que tan onerosa contribución cinco millóns de euros- anime a esta e outras empresas a investir en medidas anticontaminación que, á larga, son máis rendibles para todos. E especialmente para o medio ambiente, que é propiedade de todos nós, e témo-la obriga de conservar en bo estado para os que veñan despois de nós.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora