Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Beneficios con trampa

viernes, 30 de abril de 2010
Deberamos telo pensado, pero ninguén caeu na conta de que calquera subvención que un particular ou empresa reciba ten que cotizar a Hacienda como un beneficio.

Todos acollemos con entusiasmo a decisión da Administración de outorgar unha serie de axudas para potenciar o sector do automóvil, que se concretaban en subvencións ós que compraran vehículos novos, que aportaban a Administración central, a autonómica e as empresas fabricantes de coches.

Máis dun cuarto de millón de vehículos en toda España foron mercados dntro da situación planteada, que contivo as dificultades do sector do automóvil e contribuíu a renovar boa parte do parque automobilistico do país.

E cando rematou a euforia aparece a pantasma sempre viva da recaudación de Hacienda, que parece ser vai obrigar que as correspondentes declaracións da renda reflictan todo tipo de axudas, en concreto as recibidas polos particulares para adquisición de novo vehículo, que se estiman van tributar preto do vintecinco por cento, polo que a subvención en definitiva vai ser bastante menor do que en princpio se pensou. Máis aínda se temos en conta que a axuda, proclamada a bombo e platillo pola Administración central, corría a cargo desta Administración nun vintecinco por cento, outro vintecinco por cento correspondía á Administración autonómica, e o cincuenta por cento restante estaba aportado polos fabricants de vehículos, primeiros interesados na revitalización dun sector primordial na nosa economía.

Todos falamos da letra pequena, miuda, cando se trata de contratos de venda, das condicións dun creto bancario. Pois a partir de agora haberá que incluir tamén as promesas oficiais, todo tipo de axudas, e calquera medida de revitalización da economía, xa que unha porcentaxe importante do que cada particular reciba volverá á mesma administración convocante, como beneficio percibido polo particular.

Os beneficiarios tiñan que darse conta antes, pero unha cousa resulta ser a prosa poética que a Administración usa no momento de conceder beneficios, e outra a dura realidade que se impón cando chega Hacienda coa súa particular e peculiar campaña de rebaixas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES