Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser muller discapacitada hoxe

viernes, 05 de marzo de 2004
A Unión Europea dedicou o ano 2003 ás persoas con discapacidade. Foron doce meses nos que a sociedade tivo a oportunidade de reflexionar sobre a calidade de vida dese colectivo e sobre os estereotipos que dan lugar a discriminación. Un colectivo que afronta barreiras físicas e actitudinais de todo tipo e loita, día a día, por superalas.

A discapacidade afecta por igual a homes e mulleres, pero a sociedade discrimina en maior medida ás mulleres. Cun baixo nivel educativo e un nivel de paro máis acentuado por prexuízos sociais e empresariais, representan o 58% das persoas con discapacidade. O famoso teito de mulleres en postos relevantes e de toma de decisións queda moito máis lonxe no caso das mulleres discapacitadas. Poñer fin ós abusos resulta máis complicado para as que teñen que depender doutras persoas. Os datos apuntan a que o 60% sofre algún tipo de violencia, violencia máis sutil se cabe por situar a muller en planos privados, invisibles. O tema da sexualidade segue a considerarse tabú e as investigacións sobre a saúde sexual das mulleres con discapacidade son moi escasas. Case non hai estudios en ensaios clínicos de fármacos e os resultados feitos sobre os homes extrapólanse ás mulleres.

A marxinación queda demostrada desde o propio Sector, cun escaso número en postos directivos incluso no movemento asociativo, e tamén desde a propia Administración que se xustifica organizando seminarios, xornadas... complementadas con declaracións demasiado teóricas. A dobre discriminación queda así patente: por ser mulleres no sector da discapacidade e por ser mulleres discapacitadas no resto da sociedade. Aínda dentro do propio colectivo das mulleres é necesario reivindicar un espacio propio porque normalmente non se contemplan as nosas particularidades. Non somos distintas. Somos mulleres como as demais. Respiramos, sentimos, traballamos... e loitamos por algo que non temos.

A muller discapacitada ten unha percepción de si mesma negativa e pouco acorde coa imaxe feminina que defenden os medios de comunicación. Vense presionadas polo actual canon de beleza en maior medida que os homes. Certos comentarios ou silencios significativos derivan nun resentimento da súa autoestima de maneira notable. Os tempos afortunadamente van cambiando, pero a linguaxe aínda se queda atrás. Prima un vocabulario paternalista que contribúe enormemente á perpetuación de vellos esquemas. O colectivo non se axusta a eles e queda fóra porque non responde á tiranía do mercado desapiadado. Así, a muller con discapacidade está subrepresentada cunha participación social moi pobre.

Despois de 25-30 anos de loita reivindicando uns dereitos e unha consideración das persoas que non acaban de facerse realidade, é necesario cambiar conceptos. Non somos enfermas nin pacientes senón consumidoras de servicios e cidadás con poder para tomar iniciativas e asumir responsabilidades. Non “padecemos” unha discapacidade senón os prexuízos da incomprensión da sociedade. O día 8 de marzo debe recordarnos, un ano máis, que quedan pendentes importantes retos para construír unha sociedade democrática e integradora. Colaboremos promovendo ese cambio social necesario para que todas e todos poidamos vivir dignamente.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES