Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperanza de vida

jueves, 29 de abril de 2010
A conxunción de tres novas recentes proporciónanos un panorama social galego para facernos pensar e, quen corresponda, actuar do xeito que sexa posible.

Refírese unha delas á esperanza de vida dos galegos, que ten mellorado sensiblemente nos últimos anos, cuantificándose o aumento en catro anos tanto para homes como para mulleres; pasando os homes de 73 a 77 anos de promedio de vida, e as mulleres de 80 a 84.

Indica outra que cada vez son máis os galegos maiores que suscriben o que se chama hipotecas inversas por necesidades económicas, como complemento á xubilación, de xeito que o interesado recibe unha cantidade mensual que ó seu pasamento deberán aboar os seus herdeiros, cun interese do 6% ou deixar a propiedade á entidade financiera.

E a terceira fala da falla de nacementos en Galicia, onde un tercio dos concellos rexistran menos de dez nacementos ó ano.e dez concellos ourensans e lucenses non rexistraron no pasado ano o nacemento de ningún neno. Que se completa con outra nova que afirma que Ourense perde cen habitantes cada mes.

Se a esperanza de vida aumenta e os nacementos diminúen é lóxica a consecuencia de que a poboación galega envellece, e que nesta vella terra, de vellos montes redondeados, somos cada vez máis vellos polo que resulta lóxico que as entidades bancarias atopen o que agora se chama un “nicho” económico nas hipotecas inversas para a terceira idade.

Aumenta a esperanza de vida, considerándonos individualmente. Non aumenta a esperanza de vida para a colectividade galega, cada vez máis vella, cada vez con máis vellos. Agardemos que tamén para a vellez sexa posible a esperanza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania