Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ríos Secos

miércoles, 28 de abril de 2010
“Río Seco” ou “Río Sequillo” parecía un nome reservado a correntes de auga en zonas máis secas ca Galicia, existindo varios en Castilla-León, que a maior parte do ano responden á perfección ó seu nome, levando auga unicamente nos tempos de fortes choivas.

En Galicia, ate agora, había ben poucos exemplos de ríos secos, que afortunadamente somos o país da auga, e as nosas correntes fluviais –coas lóxicas variacións- conservan un caudal mínimo ó longo de todo o ano, aínda en épocas de seca.

Pero as actividades humanas inciden de xeito directo no medio ambiente, tendo tamén unha decisiva e perniciosa acción en canto ás correntes fluviais se refire.

A Fiscalía de medio Ambiente de Galicia ten denunciado a Endesa por ter provocado a perda do ecosistema acuático no río Eume ó non garantir un caudal mínimo desde hai medio século á altura do concello da Capela. A lei establece que o río ten que manter un caudal mínimo para evitar que as especies piscícolas se queden sen o seu natural hábitat.

O tema ven de vello, e aínda que a empresa ten alegado na súa defensa os argumentos oportunos, o certo é que as fotos que se teñen publicado amosan un río totalmente seco sen posibilidade de vida acuática.

Chega o feito nun momento en que nas concas do sur da provincia de Lugo se reduce sustancialmente o nivel das augas para permitir obras de ampliación dunha presa, coa perda –alomenos- de potencial turístico para toda a temporada turística. E nun tempo no que algunhas fervenzas dependen do calendario ou da vontade dunha concesionaria.

Son aspectos de especial relevancia na situación dos nosos ríos que xa se viron gravemente afectados coa construcción de encoros que impediron o libre paso das especies piscícolas, que cortaron a ruta natural das anguías, que puxeron barreiras onde nunca existiran.

A esixencia de producir enerxía eléctrica supuso sacrificios importantes por parte dos galegos e da natureza. Non se nos debe pedir máis e non se poden permitir máis agresión ca as xa existentes. Que a Xustiza faga o seu traballo, e quen resulte culpable pague polas súas agresións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES