Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que a Xustiza imparta xustiza

lunes, 26 de abril de 2010
A Xustiza precisa tranquilidade para poder impartir xustiza. Todas as partes implicadas nun proceso necesitan tranquilidade para establecer as súas estratexias, estudiar cada caso desde o natural punto de vista de cada quen, e o conxunto dos actuantes ten dereito a un clima de tranquilidade e de silencio para poder conseguir un fallo imparcial e xusto.

Desde hai uns anos, o mundo da Xustiza anda nas bocas da xente, e os medios informativos destacan nas súas informacións unha sección de tribunais onde cabe case de todo, seguro que sempre dentro da legalidade –xa que do contrario se procedería de oficio- pero restando tranquilidade, silencio, ós procesos en marcha.

Andan os máis altos tribunais estudiando temas tamén sometidos ó xuizo popular. E está o Tribunal Constitucional estudiando infructuosamente desde hai varios anos o Estatuto de Cataluña para decidir a súa constitucionalidade ou non. O tema continúa, complicado coa discusión de se procede ou non renovar determinados vocais do alto Tribunal.

Pero considerando que o Estatuto de Cataluña aínda vai para largo, o tema de maior actualidade neste momento é a procedencia ou non da causa que se está a seguir contra Baltasar Garzón, que motiva manifestacións populares nas que aparecen caras coñecidas de recoñecida traxectoria política e social.

E sen embargo a Xustiza réxese por unhas leis perfectamente establecidas que marcan dereitos e deberes, delitos e comportamentos impropios. E a Xustiza ten órganos encargados de tomar as decisións que correspondan, con arreglo ás leis, e con total independencia das presións que poidan vir de calquera ámbito.

Non pode consentirse que o xuizo popular paralelo vaia por diante das resolucións xudiciais. A Xustiza ten que ser impartida polos xuices e tribunais, e todo o que pretenda incidir neles é unha intromisión intolerable.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES