Cidades ruidosas
Editorial - viernes, 23 de abril de 2010
Cando falamos de contaminación, pensamos de inmediato no lixo que por toneladas producimos nos domicilios ou nas empresas, na invasión da natureza con actividades humanas, nos produtos cos que emporcamos os ríos ou nos centos de basureiros que proliferan nos contornos dos núcleos habitados.
E temos razón, porque a primeira fonte de contaminación somos os humanos na nosa actividade diaria, coa que afectamos a amplas zonas inmediatas, incidindo de xeito especial no rural e nas correntes fluviais.
Pero hai outras contaminacións nas que habitualmente non pensamos, como poden ser a lumínina que impide que nas nosas vilas e cidades se poidan contemplar os ceos estrelados, ou a contaminación sonora que nos convirte a todos nun pouco máis xordos.
Este problema ven de ser denunciado polo presidente da Fundación Colexio Médico de Pontevedra, que despois de facer un estudio de varias cidades obtivo a conclusión de que Vigo é unha das cidades máis ruidosas de España, alcanzando en horario nocturno entre corenta e cincuenda decibelios cando non deberían pasar de trinta.
O problema radica en que os ruidos no entorno dos humanos producen contaminación acústica que afecta directamente ás persoas como trastornos do sono, estrés, pérdida de audición e mesmo baixa productividade laboral.
As nosas cidades son ruidosas no traballo e no lecer, nas actividades industriais ou nos locales nocturnos, na construcción ou na circulación. É un tema no que aínda non nos mentalizamos abondo e sobre o que non se toman as medidas de control e contención que outros aspectos das nosas actividades veñen rexistrando.
A Fundación Colexio Médico de Pontevedra ven de dar un aviso importante. Agardemos que non se presten oídos xordos -polo ruído- a este toque de atención.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora