Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os nenos labregos

jueves, 22 de abril de 2010
Un curso da Universidade de Compostela e a UNED, está centrado na obra de Xosé Neira Vilas, coincidindo co medio século da aparición do seu máis sonado libro “Memorias dun neno labrego”.

O curso leva o título de “Xosé Neira Vilas. Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe”. E o certo é que parece que desde entón ó momento actual teñan pasado varios séculos e non tan só cincuenta anos.

Foi o ano 1960 cando Neira Vilas soñou a epopea dun rapaz galego, pobre, soñador, imaxinativo, chamado a perdurar na memoria de todos nós e de todas as xeneracións que nos sigan. Sería un ano despois, 1961, cando Balbino naceu para nunca máis morrer, e representar a milleiros de rapaces que aínda que agora lles corresponde ser galegos sesentóns, dentro de Galicia ou na emigración, serán por sempre rapaces que encarnan as miserias e virtudes, as realidades e os soños dunhas xentes nacidas para a gloria, rodeadas da miseria máis absoluta, precisando de toda a intelixencia e vontade para vencer os milleiros de obstáculos que irán atopando no seu camiño.

Desde os nenos labregos como Balbino ós nenos labregos deste comezo de século, non é que pasara medio século, é que estamos nun mundo diferente, onde case ningunha circunstancia ten que ver con aquelas realidades.

E sen embargo segue a haber carencias, diferencias, necesidades. Non podemos quedarnos fitando o conseguido senón que temos que seguir loitando polo que falta.

Aqueles nenos labregos non existen. Hoxe, son maiores, vencedores ou vencidos, habitantes dun mundo que ten esquecido aquel pasado. Os nenos labregos de hoxe non coñecen aquela situación, nin a comprenderán. Sen embargo son o resultado dun proceso, dunha longa loita, dun profundo cambio.

Os nenos labregos aínda non son como os nenos da cidade; teñen os mesmos dereitos pero non as mesmas realidades. De todos os xeitos, estamos no bo camiño na consecución de dereitos, na igualdade entre todos os nenos e todos os maiores de Galicia. Outra cousa é que a Galicia de hoxe non se pareza en nada á Galicia dos anos cincuenta e sesenta. Nada é xa igual. Aínda que aquela Galicia mereza tamén algún tipo de xustiza, que en algún momento haberá que facerlle.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES