Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alarma na lotería

miércoles, 21 de abril de 2010
Por primeira vez na súa historia, hoxe estarán en folga as administracións de Lotería en protesta polas que consideran graves intromisións oficiais no rexime do que viñan disfrutando desde tempo inmemorial.

Foi en anos xa remotos que as administracións de lotería e as expendedurías de tabacos constituían cadansúa canonxía coa que premiar fidelidades e asegurar de xeito vitalicio a existencia dos beneficiados.

E logo estas adxudicacións, xa por concesión administrativa, foron formando un entramado que pode ser de difícil encaixe en Europa pero ninguén pode negar dereitos adquiridos ás persoas ou sociedades que levan décadas prestando un servicio de acordo coas condicións no seu día establecidos.

Anda agora a Administración do Estado preocupada por homologacións e racionalizacións, e ven de tocarlle ás administracións de lotería que van ser reformadas con arreglo ó que se dispón na Lei de Presupostos do Estado, pasando a rexirse por normas de dereito privado, pasando de ser concesións a sustentarse en base a contratos mercantiles privados.

Os administradores de Loterías esixen a pervivencia do actual rexime de funcionamento, a Administración quere renovar. E no medio, o claro obxecto de desexo de todos, o froito da apetencia popular dos xogos de azar, regulados polo Estado desde que o rei Carlos III dera en instituir un organismo que entendera no magnífico negocio -especialmente para as arcas públicas- de que España contase cunha Lotería Nacional.

Segundo os loteiros, esa Lotería está na picota, en perigo de desaparecer. Non será así, ou non debe selo, que ninguén xoga con elemento tan importante como a Lotería Nacional, da que sempre quen gaña é o Estado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania