Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegar a fin de mes

lunes, 19 de abril de 2010
En tempos de crise, neses que non é bo facer mudanza, resulta que calquera índice favorable serve para agardar que se produza un repunte económico que indique que mellora a situación. Do mesmo xeito que, aproveitando unha momentánea situación de bonanza, centos e centos de persoas saen pasear ás rúas tentando autoconvencerse de que unha primavera florida ten dominada a situación climatolóxica.

O Instituto Galego de Estatística ven de efectuar o estudio do primeiro trimestre do presente ano, no que resulta destacar o dato preocupante de que case o sesenta por cento dos fogares galegos ten dificultades para chegar a fin de mes, arredor dun corenta por cento dos galegos non se pode permitir gastos extraordinarios, e sen embargo os consumidores van recuperando a confianza en relación co trimestre anterior.

Consúmese menos, afórrase máis, e o temor polo futuro inmediato da economía segue a ser ostensible entre os galegos.

Trimestralmente, este Instituto realiza un diagnóstico da situación social e económica dos galegos, que ámbolos dous extremos van ben unidos, resultando na actualidade que os temas económicos priman por riba de calquera outros, e en todos inciden.

Si a situación en xeral parece conducir hacia mellores resultados futuros, e a confianza se vai recuperando, o índice das dificultades para chegar a fin de mes, unido á elevada cifra de familias que teñen a todos os seus membros en paro, fan lembrar que todo o que se nos indica son fríos datos porcentuales dunha estatística, promedios da situación real. De xeito que para que se obteñan determinados porcentaxes teñen que resultar numerosas familias galegas en mellor situación, que se compensan con outras que están moito peor.

Pero que de cada dez familias galegas só catro afronten con tranquilidade o avance dos días no calendario e seis teñan dificultades máis ou menos importantes para chegar a fin de mes, segue a ser preocupante, por moitos brotes verdes que xurdan ó noso paso. Estamos en crise, uns máis ca outros, e moito ten que mellorar a situación para que poidamos respirar tranquilos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES