Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campaña sen inauguracións

jueves, 04 de marzo de 2004
¿Imaxinan vostedes unha campaña electoral sen inauguracións? Eu non. É o mesmo que se se priva de promesas de grandes obras un período como o que agora mesmo estamos a vivir.
Das promesas nada se dixo en contra, e por eso queremos crer que dentro de moi pouco tempo iremos de Ferrol a Francia en seis horas por autovía, especialmente se temos en conta que o das infraestructuras marcha bastante ben neste país.
Pero a Xunta electoral de Vigo impediu que o Presidente da Xunta e a Ministra de Sanidade inauguraran un centro de maiores en Bembrive. O Presidente, de tódolos xeitos, visitou o centro e a Conselleira Cimadevila que o acompañaba cortou a cinta, co que xa me dirán en que se diferencia dunha inauguración.
Pero repito: Unha campaña sen inauguracións é unha campaña descafeinada. Se empezamos así, acabaremos por quitarlle toda a gracia a un período verdadeiramente animado da nosa vida política.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES