Golpe á democracia e a dignidade
Cardalda, Theo - martes, 13 de abril de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: GOLPE Á DEMOCRACIA E A DIGNIDADE
Unha vez máis, ponse de manifesto que a chamada transición foi unha pantomima. A xustiza en España e unha das institucións menos valoradas segundo unhas enquisas que se fixeron, un exemplo é o que está pasando no Tribunal Superior. O partido fascista La Falanxe levou aos tribunais a o único xuíz en España, o xuíz Garzón, que intentou levar aos tribunais aos responsables dos enormes crimes realizados por aquel réxime fascista e caudillista, onde xa a ONU e a UE instaron a que no noso país se condene o franquismo e os seus crimes como forma de facer xustiza coas vítimas.
Pescudar, condenar e xulgar os crimes do franquismo no debe ser delito senón unha obrigación democrática e moral. Se queremos dunha vez por todas unha democracia verdadeira tíñase que apartar da xudicatura aos xuíces cun fedor a franquismo. ¿Imaxinemos que os xuíces de Hitler houberan podido seguir xulgando?
Eu non son quen para asegurar que o xuíz Garzón non haxa feito nada incorrecto, supoño que pode ser posible desde un punto de vista do dereito, estou a escribir remitíndome a un punto de vista moral, ético e de xustiza. Aínda que o xuíz Garzón no sexa santo da miña devoción, coido que merece toda a nosa solidariedade neste caso concreto pola maioría dos cidadáns deste país. Se apartan a Garzón da xudicatura , é un golpe á democracia poñendo en evidencia que España vai dando pasos de xigante na recuperación do franquismo, soamente basta ollar nos medios de información para saber quen son algúns que dirixen ese Tribunal Superior. ¿Quen vixía ao vixiante?. Ningún goberno o fixo desde a transición.
Sinto vergoña allea ante unha editorial do xornal máis prestixioso e lido do mundo o The New York Times, comenta: España necesita un exame honesto de su agitado pasado, no la persecución de aquéllos que tienen el coraje de exigirlo.
Para desgraza deste país, esperpentos de carne e óso que pululan polos cumios do poder hainos dabondo.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora