Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ondas de enerxía

viernes, 16 de abril de 2010
Os humanos fomos aproveitando as enerxías ó noso dispor, sen máis limitacións que as propias necesidades e as disponibilidades ó seu alcance.

O máis doado durante séculos foi queimar produtos enerxéticos, da superficie da terra ou -segundo avanzaron as técnicas- nas profundidades da terra, segundo un paso que pareceu definitivo a instalación de grandes barreiras no curso dos ríos para conter as augas e orixinar con elas forza que producise electricidade.

E de paso que aumentaron as preocupacións polas repercusións do uso de enerxías altamente incidentes no contorno, as investigacións dirixíronse a lograr fontes de enerxía máis baratas e máis seguras, especialmente tendo en conta a súa perdurabilidade e menor incidencia no medio ambiente.

Así apareceu a enerxía solar, que encheu de paneis as zonas máis soleadas de españa, ou a eólica que fixo florecer de aeroxeneradores boa parte de Galicia. E xa apunta a undimotriz, que aproveitará a infinita enerxía das ondas marinas para producir electricidade nunha comunidade como Galicia, de sempre vencellada ó mar.

As cifras que se baraxan son alucinantes estimándose nun promedio de 50/60 Kw/hora, o que pode producir unha sóa onda marina.

As vantaxes das Rias Baixas para o turismo non axudan para este fin enerxético, pero dos mil cincocentos kilómetros de costa que ten Galicia existen zonas nas que encaixarán á perfección os artiluxios productores de enerxía, sendo as Rías Altas os lugares perfectos para a súa instalación.

Por agora é só un proxecto no que está traballando a Xunta e empresas privadas, pero se as prediccións se confirman, Galicia pode ter enerxía case ilimitada aproveitando as infinitas ondas de enerxía do mar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES