Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sober, festa do Amandi

lunes, 12 de abril de 2010
Sober, festa do Amandi De Lugo collemos cara ó sur da provincia. Máis aló de Monforte, ás terras de Sober. Fomos con moitísimo sentimento. Non polo viño, nin pola feira, nin pola festa. Nin siquera pola música das bandas. Fomos ás terras de Sober por mirar canto de mirar se poidera. Sabendo, eso si, que o día ía chegar a pouco cando hai tanto de extraordinario. Postos no núcleo da antiga Berea, parroquia de San Martiño de Arroxo, pasada a pequena ponte curveada, no outeiriño, estaba o cuberto de lona branca baixo da que se abrigaban as casetas das adegas participantes na Feira do Viño de Amandi. Polas rúas circundantes, os postos de venda de case todo, pequenos bazares debaixo de lonas limitadas: navallas, coitelos, roupa, produtos cárnicos, queixos, marmelos, empanadas, pan... unha amalgama heteroxénea de ofertas de artigos incontables. E, naturalmente, bares ó ar con polbo a cocer. Todo nos arredores, porque o rei da festa estaba entronado debaixo da lona xigante. O rei que se festexaba e que se ofrecía era o viño de Amandi.
Estabamos alí un mundo de persoas chegados do acaroado e do máis lonxano. Había xentes das terras de María Santísima. Todos íamos a probrar o viño das uveiras, que baixo a denominación de Amandi, ourea en case todas as vintedúas parroquias do concello: Amandi, Doade, Canaval, Proendos, Barantes, Anllo (Santo Estevo), Anllo (San Martiño), Figueiroá, Lobios, Bulso, Millán, Refoxo, Pinol, Liñarán, Rosende, Vilaescura, Neiras, Arroxo, Gundivós, Santiorxo, Brosmos e Bolmente.
Amandi, o viño que agasalla os padais máis cobizos do mundo.
Pol, Apolinar Roca, mais este relator, andivemos de caseta en caseta. Imposible catar en todas. Imposible, porque acabaríamos os dous nun carnaval indecente. De maneira que, grolo a grolo, probamos e gustounos. Cando eu vin que me ía sabendo cada vez máis, deixei de grolar e sentei nun pipote para mirar e divertirme coa diversión do persoal. Tiña que asentar o viño, que aínda sendo Amandi, o abuso do mellor, pode producir disparates. Era preciso ter sereo para gozar dos concertos da tarde.
Coma dous comprades na festa máis grande, xantamos no Parada e gustamos do café do Bar Ribeira Sacra; entresoñentos, collemos algo do sol e soñamos que estabamos estirados na Peniña Mer vagareando en pensamentos polos muíños de Figueiroá e grolando auga sanadora de Fonterdá. Pregunteille a Pol se saberíamos atopar a Santa Polonia, contestoume que él non sabía de santas nin de santos. Puxémonos trascendentes e falamos da rotas do románico, dos Canóns do Cabe e do Sil, dos petroglifos do Xestal, en Proendos e recreamos nun falar o Campo Rairo, de Canaval. Pol soltoume unhas paroladas sobre o dereiro romano e do consetudinario. Presteille a atención que puiden, pero eu tiña a metade de min espallada entre Anllo e Doade; entre Proendos e Bolmente; entre Vilaescura e Gundivós; entre Pinol e Santiorxo... E algún pensar máis nas rosquillas de Millán.
Deixamos pasar as horas ata o tempo do concerto das bandas de Ponte Ledesma, de Arca e de Sober, esta última herdeira da tamén histórica de Brosmos.
O concerto bandístico merece un relato miúdo e detallado. Outro día relatarei as impresións gozosas que me produxeron.
O día da Feira de Amandi, no Concello de Sober, íanos amortecendo sen remedio. Fixemos propósito de voltar a Sober tantas vegadas como fixera falta ata asolagarnos silandeiramente na exuberancia paisaxística das vintedúas parroquias, na súa historia, na súa vida e nos seus misterios.
Fixemos a última na de Marcelino (quero dicir, a última, neste caso, de auga). Preguntei se era certo que a Fonte do Cura sanada o mal das moas. Dixeron que así era. Collín nota, que hai que estar ás últimas en canto á natureza que remedia.
Pensei no Balcón dos Chaos e nos hórreos de O Piñeiro, en Bolmente, na seda de outrora e nos augardenteiros de agora, se é que quedan.
Quixen ir a Santo Estevo de Anllo, por mirar de novo o río pequeño de Portizós, para saber se roaban as pedras dalgún muíño e para rememorar as músicas das bandas, que moi ben pouderan quedar engalladas nalgún eco perdido. Non foi posible. A noite chegaba a zancadas. Razoamos: iremos de día, en cantos días señan precisos.
Pol tiña a teima de mercar un pote de cobre. A fábrica estaba pechada. Consoleino. Noutravolta será.
Puxen en ringleiras os nomes das parroquias e viñemos todo o camiño de volta en pura recitación. Repetindo e repetindo sen fin:

Canaval, do Campo Rairo,
Doade, da Vía Nova;
Anllo, da Ponte Abeleda,
Bolmente, de hórreos paneiros;
Bulso, do barro marelo,
Millán, das augas que curan.

Proendos, do Sober Vello,
Refoxo, dos campanarios;
Amandi, do mar de cepas,
Pinol, da Nosa Señora,
Liñarán, do San Roquiño;
Rosende, das señoritas.

Vilaescura, a carballeira;
Neiras, co seu Fervedón;
Figueiroá, da medorra,
Santiorxo, roscas e barcas;
Brosmos, da banda e do Sante,
Lobios, do viño e da cruz.

Barantes, das doce fontes
Arroxo, do San Martiño;
Gundivós, das oleirías;
Anllo, do bo recoller.
¡Once e once vintedúas!
¡Vintedúas fan Sober!
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES