Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As vellas estacións do tren

jueves, 15 de abril de 2010
O tren en Galicia quedou incompleto, e amplas zonas do territorio aínda suspiran por liñas de ferrocarril que dean solución ó transporte de viaxeiros e mercadorías, se ben as facilidades para o transporte para a estrada van deixando eses vellos anceios en pura manifestación de nostalxia.

Porque o tren “perdeu o tren” no mundo do noso transporte, por falta de axilidade no seu momento, se ben na actualidade parece vivirse un necesario intento de modernización, e o futuro estea marcado polos trenes rápidos que sempre consideraremos que nos van chegar con retraso.

As estacións de ferrocarril son en xeral vellos recintos que parecen agonizar lentamente cando tiñan que ser -a imaxe de estacións de autobuses e aeroportos- exemplos de modernidade que tirasen por este medio de transporte hacia o futuro.

O proceso de evolución do ferrocarril vai deixando no esquecemento pequenas estacións e apeadeiros, nos que o último reducto son as tradicionais cantinas, e van pechando pouco as súas portas, inútiles para unha función inexistente.

A necesaria concienciación sobre o tema vai facendo evoluir estas vellas construcións, e o organismo administrador das infraestructuras ferroviarias rehabilita estacións e apeadeiros alugándoas ou cedendo a entidades e concellos, de xeito que hoxe en Galicia hai nelas vivendas, centros culturais ou museos, dando vida ó que estaba morto.

Que as vellas estacións e apeadeiros cobren vida nova non fan máis que marcar tempos diferentes para o tren, evidenciando que o sistema pode seguir sendo válido pero debe modificarse, vitalizarse, sen perder máis tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania