Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reses salvaxes

miércoles, 14 de abril de 2010
En tempos, o gando salvaxe en Galicia era un moi importante capítulo na economía das explotacións rurais de subsistencia, e en amplas zonas do país os labregos tiñan bestas soltas que só acurraban en contadas ocasións para marcalas e rapalas; tiñan vacas no monte que non acudían á casa de ordinario senón que facían vida en liberdade, sen precisas maior atención. E ovellas, que aínda precisaban maior control, non requerían máis atención que levalas pola mañá e traelas ó anoitecer.

A vida galega cambiou radicalmente a comezo dos anos sesenta cando as plantacións indiscriminadas da repoboación forestal reducíu radicalmente a superficie aberta e comunal.

Nalgúns lugares quedan reminiscencias daquela vella situación, sendo un dos exemplos máis destacados o Alto da Ganidoira, nas terras de Lugo preto da ampla costa onde os cabalos viven aínda en liberdade, co conseguinte perigo para a circulación xa que non existen nas estradas barreiras que lles impidan o paso.

Os cabalos en liberdade veñen orixinando problemas e accidentes, que alguén deberá estudiar e solucionar para evitar consecuencias que poden ser moi graves.

Hoxe xa non vale aquel vello sistema das “soltas” ou “trancas” que atadas ás patas dos cabalos impedían libre movemento do anaimal de xeito que permanecía nunha determinada área de monte. Pero estes sistemas están prohibidos, e un xulgado de Pontearas aínda instrúe agora dilixen cias contra un veciño da Cañiza ó que se acusa de impedir a mobilidade das súas reses equinas polo procedemento de atar as súas patas.

As rexes salvaxes teñen en Galicia longa tradición, aínda que agora sexan minoritarias. Pero as autoridades competentes teñen que estudiar o tema, fomentando se se estima conveniente este sistema, pero impedindo que causen gravísimos problemas á circulación rodada nas estradas inmediatas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania