Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libros libres

martes, 13 de abril de 2010
Unha campaña publicitaria a prol do libro relacionaba coa liberdade a existencia desta unidade de información e cultura, concluíndo que a máis libros máis libres por maior coñecemento por parte da sociedade, entendendo que canto maior nivel de cultura, de información, de coñecemento, maior é o grado de liberdade que ostenta o individuo nunha sociedade.

Dos 74.521 libros publicados en España durante 2009, 3.180 foron publicados en Galicia, rexistrando unha baixada dun quince por respecto ´ano anterior, en porcentaxe moi similar ó total español que se cifra nunha baixada do 13,7%.

A razón da baixada hai que buscala nas difíciles circunstancias económicas – chámeselle ou non crise- do país e do estado, e non en menor atención dos lectores polos libros, nin en abandono por parte dun sector en permanente actividade.

Non é, pois, que sexamos menos cultos, esteamos menos informados, ou teñamos menos interese pola cultura. E seguiremos sendo libres na mesma medida que anos anteriores, polo que á cultura e o coñecemento se refire, se ben esa liberdade vese condicionada socialmente polas dificultades económicas, pola sicosis de graves problemas, polas carencias de amplas capas do entramado social.

Seguimos sendo libres, pero condicionados, que para ser totalmente libres tamén hai que gozar de independencia económica e non depender dos ventos racheados que soplen de calquera dirección.

Os libros seguen a ser canles de cultura e liberdade. Pero moitos galegos non acceden a eles por falta de inquedanza, e outros ven restrinxido este dereito polos custos dos exemplares no mercado. E sen embargo seguen marcando o rumbo no mundo da cultura, e polo tanto da liberdade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES