Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Playing for change

jueves, 08 de abril de 2010
Como tantas outras cousas interesantes que teño recibido nos últimos tempos, onte chegoume á caixa de correo do meu computador unha mensaxe na que me falaban da experiencia psico-social que “The Washington Post” puxo en práctica cun violinista nunha estación de Metro.

O mozo instalouse na estación e durante os 45 minutos que tocou dentro do recinto só concitou a atención dunhas ducias de viandantes, recollendo pouco máis de 30 dólares da boina que colocou para que a xente depositase alí algunha esmola.

Logo resultou que o violinista en cuestión era un recoñecidísimo concertista que acaba de actuar no auditorio máis prestixioso da cidade e que aqueles que o quixeron escoitar en tan prestixioso lugar tiveron que aboar un prezo superior, en todo caso, ós 100 dólares. E que o violín que utilizara no Metro estaba valorado en 3,5 millóns.

Polo mesmo medio, pero hai bastante máis tempo, chegoume tamén un enlace que acabei por instalar no rexistro dos meus “favoritos” e que lle recomendo encarecidamente que consulte en www.playingforchange.com por que non o vai defraudar, pois nel poderá ver e escoitar cómo a veces esta sociedade plural que a miúdo nos dá noxo, outras, sen embargo, nos admira.

Trátase dunha experiencia a través da cal músicos de rúa dos lugares máis dispares do mundo –poñamos por caso, Amsterdam, Barcelona, Estrasburgo, Nueva Orleans, Michigan, Livorno, California, Sudáfrica, Pisa, O Congo, Israel a India ou Nuevo México- interpretan, dende os seus propios lugares e sen renunciaren para nada das súas raíces musicais, unha ducia de fermosísimas cancións que nos enchen de harmonía e nos demostran ata qué punto os seres humanos nos alimentamos das mesmas emocións, sexamos rubios ou morenos, altos ou baixos, brancos, negros ou amarelos.

Por iso, mentres estas cancións alimentan a miña admiración, o espectáculo estraperlista que está dando “Hespaña” estes días, me produce simplemente noxo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES