Turbamulta no Concello de Vilagarcía
Cardalda, Theo - lunes, 05 de abril de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: TURBAMULTA NO CONCELLO DE VILAGARCÍA
Uns días atrás houbo un vira-vira mediático entre o concelleiro e portavoz Juan Fajardo de IU e o goberno bipartito do Concello de Vilagarcía. A contestación do bipartito foi de rabecha e con moito sarcasmo. A crítica vertida por o Sr. Fajardo foi sobre a suposta dimisión dunha concelleira.
Hai secretos que se din a berros e se escoitan ata nos sumidoiros xa que por fontes moi achegadas a esa Casa Consistorial tamén eu tiven coñecemento desa suposta dimisión. Cando o río sona auga leva. Non digamos da vox pópuli que está comentando que algúns membros do goberno PSOE lévanse como o can e o gato.
Entre moitas flores que lle guindaron a Juan Fajardo, quedo con dúas que chegou a alporizarme un pouco a sangue: Juan Pinza e Juan Anguita. Imos por partes: Se mo dixeran a min a segunda flor, non o tomaría como un insulto, sería un eloxio. Coido que entre todos os que gobernan o Concello ningún lle chega á altura dos tacóns (incluído eu persoalmente) a Julio Anguita, pola súa cultura, honestidade, ética, honradez, un político incorrupto e unha grande persoa. O digo por activa, por ter o honor de coñecelo persoalmente, antes de rapaces no Colexio O Divino Maestroen Vilaxoán e logo como político.
Lles vou a dicir por si non o saben que, a única Pinza está xa fai moito tempo incrustada entre o PSOE e o PP. Lles conto: Nos últimos cinco anos no Parlamento Europeo, dun total de 6.149 votacións, populares e socialistas puxéronse de acordo en 4. 286, a maioría en políticas neoliberais.
Hai uns días o PP e o PSOE votaron conxuntamente en non trocar a Lei Electoral, un cambio frustrado. PSOE e PP contra todos no desbloqueo do TC. A Lei do Código Penal, unidos por ese odio-amor. A reforma fiscal a Crise económica e o rescate da Banca, os dous partidos a bicos e apertas. A Lei do Laicismo votada abaixo polos dous partidos.
A Lei de Xustiza Universal, unha vergoña cara o mundo, votada conxuntamente o 25 de xuño de 2009, declarado este día por Amnistía Internacional como: día de luto. Estas son as verdadeiras pinzas que repercuten negativamente na maioría dos cidadáns e traballadores. Paro de contar por falla de espazo. Sr. Marcelino, sen ningunha acritude, lle podo comentar máis pinzas persoalmente en calquera intre que teña a ven, por si Vd. non se lembra.
Moitas veces a imaxinación interesada ou perturbada, contribúe á deformación da realidade e supón como real o que soamente existe na imaxinación. A mentira vale mentres a verdade non se impoña.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora