Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

10 anos de Galicia Digital

viernes, 09 de abril de 2010
Foi a comezos de abril de 2000 cando saíu á luz unha iniciativa que globalmente denominamos www.galiciadigital.com, que estes días está a cumprir dez anos.

Nacíamos coa intención de ser unha plataforma de referencia na Galicia dixital, e desde entón non deixamos de profundar nesa nosa intención de que calquera galego en calquera lugar do mundo puidese a través de nós asomarse á realidade deste país, ter coñecemento directo da Galicia de hoxe e de sempre, do mesmo xeito que calquera galego residente na Galicia física tivese en nós medio de consulta, de información e participación.

Aspecto importante do noso labor foi e segue a ser o achegamento dos galegos a Internet, tanto desde o prisma da cultura como da empresa, contribuíndo a que neste país nos acheguemos cada día máis á gran Rede.

Levamos dez anos tentando que este medio medre, se desenvolva, sexa cada vez máis útil a Galicia e a todos os galegos, e así fomos incorporando pouco a pouco -sen presa pero sen pausa- portais dedicados a temas diversos, informativos ou técnicos, ata chegar ós vintesete que hoxe posuímos; ata os vintesete que na actualidade poden posuír todos os que a través de Internet están nalgún momento en contacto connosco.

O ano 2009 esta Plataforma recibiu algo máis de 7.300.000 visitas e foron vistas máis de 40.000.000 das nosas páxinas. E neste 2010 no que cumprimos dez anos, se o actual fluxo de visitantes se mantén, chegaremos ós 9.000.000 visitas e 50.000.000 páxinas vistas.

En canto a balance comparativo co resto dos portais galegos, remitímonos ós datos que facilita Alexa, que sitúa individualmente tres dos nosos dominios - www.galiciadigital.com, www.websgalicia.com e www.empresasdegalicia.info en destacados lugares do abano galego, á altura de institucións, grandes empresas e outros medios informativos, tendo en conta que a efectos de control estatístico non se nos considera globalmente senón fragmentados en portais.

Cando “ingresamos” na Rede, esta xa tiña una historia, que os primeiros dominios comezaron a rexistrarse en 1985, e polo tanto cumpren agora vintecinco anos, o seu primeiro cuarto de século. Pero eso non priva que nós esteamos orgullosos do primeiro decenio ó servizo dos intereses de Galicia, con ánimos renovados, e co desexo de ser cada día máis útiles a todos os que se miran en nós.

Gracias a todos por confiar en nós, onte, agora e sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES