Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Galicia e máis o Miño

jueves, 08 de abril de 2010
Non falamos do río senón da rexión norte de Portugal, que do río toma o nome. Esa da que o poeta portugués afirmaba que, xunto con Galicia, son “como dois namorados / que o río trae separados”.

As novas vías de comunicación foron salvando a corrente do gran río, e unindo as dúas beiras de xeito que hoxe o Miño que antano foi fronteira se salva circulando por unha autovía que case non permite a súa contemplación deixando obsoleto e só como vía para nostálxicos a circulación pola antiga ponte internacional.

A unión efectiva de Galicia e Portugal, de Galicia e a rexión do Miño, é ostensible por Valença, onde estas pasadas festas foron lexión os galegos que acudiron mercar, pasear ou degustar a entrañable gastronomía portuguesa.

Eso, polo que se refire ó enlace occidental e preto da costa, pero moi axiña haberá outra vía de acceso que, partindo de Verín, acceda a Portugal máis ó leste, propiciando un acceso directo do sur de Ourense, entroncando coa autovía das Rías Baixas á autovía portuguesa A-24 por Feces de Abaixo hacia Oporto.

Quedará Verín, e Ourense, e a Galicia do leste, e os automovilistas que veñan de Benavente, a un paso de Portugal, e moito máis preto de Oporto, Figueira da Foz, Vila Real, Guimaraes ou Chaves, permitindo un circuito circulatorio que teña en Galicia como principal arteria a autovía Rías Baixas, entrando en Portugal desde Verín, recorrendo as principais cidades do norte portugués para volver a entrar por Vigo e subir a Santiago, ou volver a terras ourensáns.

Se sempre estiveron unidas Galicia e máis o Miño, pola fala, os costumes e a xente a pesar das barreiras e da historia, hoxe as barreiras desaparecen e a historia escríbese de xeito ben diferente.

A nova vía acorta distancias, propicia achegamentos, elimina barreiras. Se pensamos nunha eurorexión Galicia-Norte de Portugal, aí a temos, de feito, constituída, por riba de calquera disposición regulamentaria. A realidade imponse, e Galicia e Portugal están -estarán máis aínda moi axiña- moito máis preto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES