Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Urxencia na Dependencia

miércoles, 07 de abril de 2010
O actual goberno da Xunta de Galicia tomou conciencia do problema urxente e grave que trae consigo a dependencia, e a necesidade de dar resposta pronta a todas as solicitudes que se formulen en relación coas persoas que dependen de outras, que necesitan imprescindible axuda para a súa vida cotiá.

As leis sempre son magnánimas, xustas, establecen principios e procedementos; o que logo falla son as tramitacións, as dotacións, as persoas. E o perigo nestes casos é que se a tramitación é moi lenta e os casos urxentes poidan remediarse definitivamente pola desaparición das persoas antes de que se lles dea solución administrativa e económica. E pode haber compensación ós afectados aínda que o problema desaparecese pero non parece lóxico nin xusto que a Administración sexa tan lenta en dar solución a problemas tan acuciantes.

Falou a Conselleira de Traballo e Benestar afirmando que nun prazo máximo de seis meses serán tramitadas as peticións de axudas de dependencia, e aínda parece moito tempo. Ben está a dotación de cen millóns de euros que a súa Consellería introduciu no sistema para reducir tempos e dotar carencias, e ben está que preto de nove mil persoas teñan sido introducidas no sistema de dependencia nas últimas semanas, pero visto está que hai que seguir apretando o paso para dar aínda mellores e máis rápidas solucións.

Nun tempo no que a informática está presente en todo, que as Administracións poden evacuar informes case inmediatamente, que as ramificacións administrativas están presentes en todo o entramado social, seis meses son aínda moito tempo. Falar de tres meses para a valoración das solicitudes e outros tres para as proposta de atención individualizada están ben desde o punto de vista da Administración, pero hai que poñerse na pel dos afectados onde os problemas non se contan por meses nin por semanas, senón por días e horas; que están moi ben todos os avances, moi ben ter superado os dezaoito meses que antes levaba unha tramitación. Pero hai que seguir rebaixando prazos, hai que seguir acurtando esperas, hai que seguir aplicando con urxencia todo o que a este tema se refira.

Estamos falando dos máis necesitados do noso contorno, de que todos podemos vernos afectados. Cando máis áxil sexa a Administración neste campo máis xustificará o seu papel.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania