Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Testar na Xunta

martes, 06 de abril de 2010
As últimas vontades dunha persoa -ás veces, non son as últimas- veñen referirse ó destino que os bens dos que é propietario van ter unha vez o testador desapareza.

Normalmente, cando hai descendentes ou herdeiros directos, o destino das propiedades está prefixado e o testamento pode facerse ou cambiarse en calquera momento, de xeito que se acomode ó pensamento e desexos do testador.

Pero cando non hai heredeiros directos, ou cando a vontade da persoa se manifesta claramente -excepción feita das cuotas que a Lei establece- os beneficiarios dun testamento poden ser particulares ou institucións ás que o testador teña querencia.

En tempos, a Igrexa e as institucións con elas relacionadas, eran as máis beneficiadas polas disposicións testamentarias, na intención dos otorgantes de que os bens materiais procuraran beneficios espirituais posteriores, especialmente tendo en conta as oracións e celebracións que na súa honra haberían de facerse, ben por disposición expresa ou porque os beneficiarios así o dispuxesen.

O último e máis sonado destes casos de doazón a unha institución relixiosa foi a do Castelo de Pambre, o mellor conservado da súa época, que resistíu os ataques dos Irmandiños, deixado por Manuel Taboada Fernández, o seu último propietario ós Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres.

Pero hai tamén testamentos a favor de Concellos, institucións provinciais e á Xunta de Galicia, por parte de galegos que pretenden agradecer servizos que os beneficiaron de xeito especial, ou condicionar accións futuras se se utilizan os bens doados cun fin determinado.

Neste caso, as compensacións non son espirituais, que os organismos oficiais galegos non teñen competencia neste ámbito, pero os resultados que se obtenían poden revertir en forma de sentimentos de agradecemento por parte dos definitivamente beneficiarios.

Parecen máis desprendidos, menos interesados, estes testamentos a favor de organismos oficiais que os que antes se facían á Igrexa e ás súas ordes. Agora que todos agardamos das institucións oficiais -Concellos, Deputacións, Xunta- que nos solucionen a vida coas súas decisións, xa que case todo está sometido á súa actividade e control, parece lóxico que estas entidades entren a formar parte das nosas devocións laicas para devolverlles parte dos beneficios recibidos, e mover ós seus rectores a ser xenerosos no trato cos que veñan despois de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania