Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chove en Santiago

lunes, 05 de abril de 2010
Meu doce amor: Chove en Santiago, como afirmou García Lorca, en poema tamizado por Guerra da Cal, que Blanco Amor xulgaría pasado polos máis caros tamices poéticos. E brila entebrecido o sol mentas a intensa choiva sobre a cidade está constituída por milleiros de peregrinos que comproban como a maior xoia de Compostela se blinda diante de calquera posibilidade de agresión.

Lonxe quedan aqueles días nos que o acceso á gran catedral compostelana era totalmente libre e os peregrinos a milleiros acubillábanse dentro dos pétreos muros e o botafumeiro purificaba ós aires á vez que marabillaba ós devotos. Na actualidase xa non se pode acceder con total liberdade á Catedral, e hai que entrar por Praterías e saír por Azabachería nun recorrido turístico previamente marcado, ou entrar pola Porta Santa para saír pola Quintana se o peregrino-turista só quere visitar a cripta do Apóstolo.

E ningunha mochila entrará na Catedral que para eso hai disposta unha consigna con capacidade para mil bultos na chamada Casa do Deán, a euro a unidade.

Para os galegos soa raro que non estea libremente aberta a todos a Casa do Señor Santiago, tan afeitos como estamos desde hai centos de anos a que sexa a casa de todos. Pero os tempos que vivimos aconsellan tomar determinadas medidas, especialmente neste Xacobeo de multitudes, para evitar sorpresas desagradables.

Choveu en Santiago, como en toda Galicia, nestes días festivos que vimos de celebrar, como preludio dos fastos que virán, como promesa de que este Xacobeo vai facer caer sobre Galicia -chover- eses bens materiais e espirituais que agardamos das celebracións no final do Camiño.

As precaucións que se toman en aras da seguridade parece que nos aloxan do santo familiar que agarda o noso abrazo. Pero virán tempos menos problemáticos que os galegos teremos momentos abondos de intimidade co noso patrono que nos compensarán das actuais distancias.

Todo sexa pola seguridade, e por ter a festa en paz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania