Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Quif, quif!

miércoles, 31 de marzo de 2010
Son o mesmo que, en Maio do ano 1957, sufriu aquel atentado, aquela arremetida, dun camión do Istiqlal, na recta que hai á entrada de Safí, no que fora Marrocos francés, contra o noso coche, un De Soto, matriculado en Ifni, que nos salvou a vida a pesares das súas tres voltas de campá, pero co neno a dez metros, e Xosefina con feridas por todo o corpo, que a tiven que sacar de debaixo dunha roda. Si, son o mesmo, porque, na guerra, ¡guerra!, e na paz, ¡paz! ¡Paz e perdón, recíprocos! Son, por tanto, e por días de vida, un acérrimo defensor do quif, quif, cos nosos irmáns musulmáns.
 
¿Que diferenza existe entre un musulmán e un cristián? ¡Pouca cousa; soamente tres palabras: Que eles pensan que Xesús, o Fillo de Deus, foi creado; mentres, os cristiáns temos fe e demostramos que foi, xerado, e non creado. ¿Por iso, só por iso, levamos trece séculos de loitas veciñais, encarnizadas, co fácil que sería sentar a una mesa ben abastecida, con jalufo e sen jalufo, dúas ducias de teólogos, una de cada parte? Cando suba Arriba, ¡se é que merezo subir!, o primeiro que pedirei será una inspiración xeral para que a Humanidade se reúna, por exemplo… ¡no discutido Xerusalén!
 
Un aforismo da Sabedoría Sufí di: "Un día visito unha igrexa, outro unha mesquita. Indo de templo en templo, non te busco máis que a Ti". En palabras dun dos nosos máis esclarecidos teólogos actuais, que non digo o seu nome por se non quere expoñerse a polémicas: A relixión non pode ter outra finalidade que levarnos a Deus. Pero Deus, se é Deus de todos e para todos os humanos, só se pode encontrar alí e naquilo no que tódolos humanos coincidimos: A defensa da vida, a saúde, a comida, o respecto, a tolerancia, a estima mutua...
Daquela, a levarnos ben, aínda que só sexa a título individual. A propósito, preséntovos unha amiga (aquí en Coruña chámanlles “Empregadas do Fogar”), Sakina Imoussaten, natural de Al Hoceima, que leva tres años con nós, nos que nin ela nin nós mesmos deixamos de considerarnos irmáns, quif, quif, irmáns fraternos. Ela di que está contenta connosco, e nós con ela, encantados; o dito, ¡quif, quif!
 
Se non fose inmodestia pola miña parte, a isto chamaríalle ¡predicar co exemplo! ¿Por qué os Grandes da terra non nos imitan aos Pequenos? ¡O malo, o grave, é que os nenos adoitan imitar aos maiores, e non á viceversa!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES