Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maiorías absolutas

viernes, 02 de abril de 2010
Velaquí unha boa asignatura para recuperar unha vez pasadas estas vacacións de Semana Santa, só matizadas pola crise e a situación persoal de cada quen.

Por fin, alguén ousa meterse coa Lei electoral vixente e proceder coa consecuencia que indican as experiencias de últimos anos co caos municipal -moitos consideran que é unha solución perfecta- orixinado pola presencia de grupos minúsculos que actúan de “chave” para a formacións de gobernos de concellos.

A proposta comeza porque os emigrantes, no grado que sexa, voten en urna ou non voten segundo en que eleccións, xa que a maioría dos votantes ou non se controla o seu voto, ou non se sabe se seguen vivos, ou non coñecen para nada a situación e candidatos do concello no que votan a distancia.

Pero a acción, na que parecen estar de acordo os grupos maioritarios, incide especialmente nos concellos nos que unha determinada forza consegue o corenta por cento dos votos ou máis, e vese superada por unha coalición forzada que a supera en porcentaxe pero na que non existe a mínima coherencia de pensamento nin de goberno.

Preténdese que a forza política que consiga o corenta por cento dos votos emitidos teña na súa man o goberno do seu concello con maioría absoluta, sen depender de ninguén para a estabilidade municipal. Dese xeito, as forzas minoritarias nunca terán tarefas de responsabilidade e moito menos control de gobernos municipais -ou autonómicos, se o exemplo cunde- como ata agora veu sucedendo. Así, o transfuguismo non tería sentido, nin os pactos contra natura, nin as presións de todo tipo; tranquilizaríase de xeito moi importante a política local en Galicia e en España.

A proposta, por agora en vías de tramitación parlamentaria, parece ter sido ben acollida, e de aprobarse traería aires de racionalidade a unha política municipal agora necesitada de tranquilidade e boas maneiras.

Dise que as maiorías absolutas non son boas porque propician xeitos dictatoriales nos gobernantes, e que os gobernos de minorías propician as negociacións contínuas. Pero certo é que os gobernos potentes garanten períodos de progreso, por avanzar con tranquilidade, por non depender de criterios cambiantes dependentes de factores que pouco teñen que ver co ben común da comunidade que se trate.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania