Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xoves brillante

jueves, 01 de abril de 2010
Xoves Santo, Corpus Christi e o Xoves da Ascensión. Eran os tres xoves do noso calendario que antano brillaban coma o sol. Só queda o día de hoxe, que os outros dous feneceron afogados polos novos tempos.

En tempos tamén, hoxe empezaba o calendario festeiro, e así segue a ser para os que poden permitirse catro días seguidos de festa, que moitas profesións hai que non o dan conseguido. Pero mellor aínda os que centran as vacacións nesta semana e así desde o pasado venres -que empezou a operación especial Semana Santa- andan por esas estradas de Deus, de procesión en procesión, facendo turismo do que antes foi traxedia, e hoxe os seus acontecementos figuran en todos os guieiros como elementos destacados do que hai que contemplar e no que participar para disfrutar dunha auténtica semana santa festeira.

Non importan os prognósticos do tempo, aínda que sempre está ben para viaxar e contemplar procesións que o sol brille ou alomenos non chova nin faga demasiado frío. Pero a realidade é que a festa está por enriba de todo, e faga o tempo que sexa os días de descanso son artigos de primeira necesidade que todos adoitamos disfrutar con ledicia e con fruición.

Galicia Digital desexa a todos os internautas un feliz Xoves Santo, no que se cumplan todas as perspectivas de disfrute. Que todos vaian con ben. ¡Que todos volvan con ben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES