Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A técnica ó servizo do tráfico

miércoles, 31 de marzo de 2010
Nas principais vias de comunicación de Galicia, hai determinados tramos nos que existe un control de velocidad, feito de xeito automático, que fotografía os automóviles que circulan a maior velocidade da permitida.

Xeralmente cadanseu panel situado a unha distancia prudencial dos radares informan da existencia destes para que o conductor atempere a súa velocidade ó que marca a norma e evitar ser multado.

Agora anda por Internet unha información en relación con novos radares que van ser instalados nas autovías, máis perfeccionados, máis controladores, que en síntese consisten en que van cubrir non un punto senón un amplo espazo de maneira que o automovilista será rexistrao no momento en que acceda á autovía, e de novo cando salla dela ou pase por un determinado lugar. Se o tempo transcurrido neste desplazamento é máis curto que o que á velocidade permitida lle corresponde, o conductor recibirá no seu domicilio a pertinente denuncia e apertura de expediente.

A técnica ponse así ó servizo do tráfico, se entendemos que as limitacións de velocidade están ben establecidas, e que o tráfico mellora coa contención marcada. Que esa é outra, pero a normativa é a que é, e mentras non se modifique hai que respectala escrupulosamente.

Non temamos, pois, ós novos artiluxios de control da nosa actividade conductora; temámonos a nós, que debemos respectar as normas de conducción, que parece ser -se facemos caso á Dirección Xeral de Tráfico- que salvan vidas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES