Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Respecto ás persoas

martes, 30 de marzo de 2010
O problema tense xenerado repetidas veces pero de forma máis ostensible coa detención de políticos lucenses -tamén de fóra da nosa comunidade- con demasiada luz e demasiados taquígrafos. E persoas con cargos públicos, importantes responsabilidades, e sen risco algún de fuga ou de destrucción de probas, foron detidas en pleno día, nos seus lugares de traballo, á vista de todos, en operacións que mancaron ós detidos pero tamén a todos aqueles que cren que as persoas merecen un respecto e, con arreglo á lei, presunción de inocencia.

Satisface comprobar que estes sentementos do público en xeral son compartidos polas autoridades competentes, e saber que o Fiscal Superior de Galicia, dictou -xa en febreiro- unha instrucción dirixida á Policía Nacional e Garda Civil de Galicia sobre a detención de cargos públicos e outras persoas mediáticas.

A norma establece evitar detencións en lugares públicos ou no traballo, evitar que aparezan esposados nos medios informativos, eludir facelo en acontecementos sociais ou en lugares públicos, a menos que haxa risco de fuga. Recorda o Fiscal Superior que hai que respectar a presunción de inocencia e evitar situacións desproporcionadas que poidan afectar á honorabilidade dos detidos.

Poucas veces unha instrucción estará máis xustificada. Trátase en calquera actuación das forzas públicas ou das institucións oficiais de non provocar alarma infundada, de non alterar a convivencia, de non ridiculizar ou poñer en evidencia a persoas que merecen un respecto como persoas e como representantes de institucións para as que foron elixidas polos seus concidadáns.

Como pide o fiscal superior, respecto polas persoas. E logo que a Lei se encargue de poñer a cada quen no seu lugar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania