Á beira dun carreiro
Marcos Mariño - miércoles, 24 de marzo de 2010
Sentado un día á beira dun carreiro
vin pasar moitas cousas unha tarde:
As cores, os recordos e un alarde
dunha esperanza por chegar primeiro.
Era fermosa a vida, e paroleiro
-alomiñab-a toda, Diol-o garde-
un vento disfrazado de cobarde,
pero sendo de verdá un cabaleiro.
Unha fonte cantaba algo lixeiro
con arpas e con voces aflautadas.
Todo era novo cal día primeiro.
As cousas que sentín gardo caladas.
Foi aquel día... á beira dun carreiro...
no que vin moitas cousas, camaradas.
Marcos Mariño
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora