Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Oh my God!

miércoles, 24 de marzo de 2010
Unha vez, alguén, que xa non lembro, preguntoume se os artigos que escribía os inventaba, pois non cría que todo o que testemuñaba nas miñas columnas fose verdade.

Evidentemente, eu non gastei nin sequera un minuto en tratar de convencelo do contrario, porque isto é un xornal e non unha novela por entregas e, polo tanto, ben ou mal contado, o que aquí transcende é tan certo como que vostede me está lendo agora.

Ora ben, dito isto, tamén son consciente de que o que vai ler hoxe, vaille custar crelo por máis que lle xure e lle perxure que me aconteceu nantronte pola noite no corazón de Celanova, concretamente ó pé da alameda centenaria a que tan liricamente lle cantou o “tenro” Castor Elices.

Faltaban uns minutos para as nove e media da noite e eu camiñaba só ó pé do mosteiro á procura do meu coche (co fin de retirarme para a casa) entretido en procurar novas marcas na fachada do mosteiro, que é un exercicio que adoito facer sen saber ben por qué, pois xa coñezo a fachada de memoria.

Diante miña camiñaba unha parella que andaba pola corentena, e un neno (ou unha nena, xa que pola melena, dubidei) de non máis dunha ducia de anos.

Cando dobrei a esquina, case tropezo co home. Estaba de cara á parede e o son característico do líquido que derramaba non precisou ningunha concentración da miña mirada para saber qué era o que estaba facendo.

De seguido decateime de que o neno -ou a nena- debruzado sobre o capó dun coche miraba para min como agardando que me pasara desapercibida a outra escena que el -ou ela- si percibía a cachón. Entón ollei para a fronte e vin o corpo da muller apostada diante do coche que tiña a carón -pero en posición feminina- executando exactamente a mesma “operación”.

Perdóenme a expresión, pero dubido que lles cortara a mexada porque tanto un coma o outro recuperaron a posición e meteron ó neno -ou á nena- no coche coma se nada pasara, mentres eu botei uns cinco minutos exclamando para min o mesmo que din os americanos: ¡Oh my God!.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES